A película xaponesa MIRAGRE (KISEKI), mellor guión
no festival de San Sebastián, no
cineclub Poleiro
O xoves, 10 de xaneiro no Auditorio de Goián ás 21:30 horas.
Informa: Rita Alonso Pérez / Goián
KISEKI (Miragre) do xaponés Hirokazu Kore-Eda pecha o primeiro ciclo desta
décima quinta tempada do cineclub Poleiro.
O director conseguiu o premio ó mellor guión
no festival de San Sebastían 2011. Un dos novos realizadores xaponeses que
acadou o Leon de Prata en Venecia coa sua primeira película “Maboroshi no
hikari".
En
Kiseke retrata o universo infantil cunha sensibilidade extrema. É a historia do
encontro de dous irmáns,o maior melancólico, e o pequeño alegre, que viven
separados polo divorcio dos seus pais.
Un día, Koichi, escoita un segredo. Se
estás presente no cruce de dous trens bala e pides un deseo,cumprirase. Ahí
comenza una aventura de reencontros contada con gran delicadeza . Os
protagonistas son un dúo cómico de gran éxito en Xapón.
O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do
Concello de Tomiño e a Federación de Cineclubes de Galicia.
O cineclub Poleiro mantivo a actividade no cine Avenida da
Guarda entre 1998 e 2005 ata que pechou a última sala de cine do Baixo Miño. No
2008 retomou os ciclos no Auditorio de
Goián.
Ningún comentario:
Publicar un comentario