15 de xan. de 2013

A GUARDA

EMILIO ROLÁN MOSQUERA PRESENTA SEU NOVO LIBRO: "VOLVIENDO AL PASADO"

- A presentación será o venres día 18 de xaneiro, ás 7:30 da tarde, no local de ANABAM 



Informa: Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM vai presentar este venres, 18 de xaneiro, ás 7,30 da tarde, no local da asociación, o libro escrito polo Doutor Emilio Rolán Mosquera titulado “Volviendo al pasado”, que ven sendo unha continuación do seu anterior “Antes y ahora”. O doutor Emilio Rolán Mosquera, médico pediatra en Vigo, onde ten a súa residencia, é un experto malacólogo, recoñecido a nivel mundial. Guardés, excérceo como pediatra no antigo Centro sanitario desta localidade. Escribiu centos de artigos científicos relacionados coa súan grande paixón: a malacoloxía ou estudo das conchas, descubrindo numerosos exemplares. Ademais de artigos científicos, ten outras obras, como as xa citadas, ademais de “Bajo las aguas”, “Versos de niñez y vejez” ou “Versos para sonreir”.
    Ao remate da presentación de Volviendo al pasado, ANABAM obsequiará cuns pinchos do exquisito Queixo de Oia, que moitos comemos de nenos, feito artesanalmente, o cal, facendo honra ao título do libro, nos fará ”volver ao pasado”.
   Dende ANABAM queremos invitar a todos aqueles que queiran arroupar ao doutor Rolán Mosquera, a que se acheguen ata o local da asociación - Rúa Calvario, nº 44 - baixo (A Guarda) - día da presentación desta nova obra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario