9 de dec. de 2012

VIGO

 "O futuro do Galiñeiro" será obxecto dunha mesa - coloquio organizada polo Club Faro de Vigo.

Os proxectos para habilitar a explotación de Terras raras e a instalación dun parque eólico na Serra do Galiñeiro centrarán a mesa redonda "O futuro do Galiñeiro" que organiza o Club Faro de Vigo este vindeiro mércores 18 de decembro no Auditorio do Areal de Vigo (Areal, 46). O coloquio que dará comezo ás 8 da tarde, contará coa presenza do director do IEM, Carlos Méixome; o presidente da Real Academia Galega Xosé Luís Méndez Ferrín; o ex director de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza e Antón García, secretario da Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro. No mesmo acto terá lugar a presentación do libro Nós Galiñeiro, de Méndez Ferrín, recentemente editado polo IEM en colaboración coa Plataforma. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario