10 de dec. de 2012

VALENÇA



Seminario “Cooperación Transfronteiriza no Alto Minho 2014-2020: Instrumentos e Accións Prioritarias”

Infogauda / Valença
A Comunidade Intermunicipal do Minho-Lima (CIM Alto Minho), en colaboración coa entidade UNIMINHO - Asociación do Vale do Minho Transfronteirizo, promove o próximo dia 13 de decembro de 2012, a partir das 14h30, no auditorio da Cámara Municipal de Valença, o seminario “Cooperación Transfronteiriza no Alto Minho 2014-2020: Instrumentos e Accións Prioritarias”.
Este seminario inscríbese no estudo “Concreción e Planeamento de Proxectos de Cooperación Transfronteiriza” que Uniminho está a desenvolver, establecendo redes transfronteirizas para a promoción de unha visión conxunta sobre as prioridades de cooperación transfronteiriza no Alto Minho, a través dun plano de acción que posibilite a preparación do próximo período de programación.
A sesión de apertura do seminario estará a cargo de Jorge Mendes, presidente da Câmara Municipal de Valença; Rui Solheiro, presidente do Consello Executivo da CIM Alto Minho; Rafael Abal, presidente do Consello Directivo de UNIMINHO; e Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense.
Jesús Gamallo, director Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia; Carlos Neves, vice-presidente da CCDR-N; Juan Lirón, director do AECT Galicia-Norte de Portugal; e Wladimir Brito, da Universidade do Minho; son os oradores convidados para o primeiro panel sobre “A Cooperación Transfronteiriza no período 2014-2020: Tendencias e Perspectivas”, que será orientado por Maria Cerqueira, xornalista da RTP.
Seguidamente celebrarase unha mesa redonda, subordinada ao tema “Perspectivas para a Cooperación Transfronteiriza no Alto Minho 2014-2020”, onde serán presentadas as principais conclusións das reunións de traballo realizadas por temas prioritarios de cooperación transfronteiriza 2014-2020 (“Eurorrexión Dixital”, “Clusters Transfronteirizos”, “Turismo, Ambiente e Territorio” e “Cualificación, Emprego e Inclusión Social”). Moderada por Adolfo Neira, especialista en proxectos de cooperación transfronteiriza, contará coas intervencións de Xavier Martín, presidente da DST Telecom; Paulo Alves, xestor das Industrias Creativas INSERRALVES; Juan Lirón; e Elvira Vieira, profesora do Instituto Superior de Administración e Xestión (ISAG).
A sesión de peche será presidida por José María Costa, presidente do Eixo Atlántico.
As inscricións para o seminario deberán ser realizadas a través da web da CIM Alto Minho.

Ningún comentario:

Publicar un comentario