10 de dec. de 2012

FIGUEIRÓ (TOMIÑO)

A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS "FONTE DOS CARREIROS" ALEGRA O NADAL


Este ano a Asociación de Veciños Fonte dos Carreiros de Figueiró, na súa liña de dinamizar a parroquia, colocou iluminación navideña na praza do Telleiro, ao carón do Santuario de San Campio de Lonxe.
            Pretendemos con este humilde esforzo alegrar e animar a veciños e visitantes e que a nosa praza sexa punto de encontro nestas festas. A iluminación non pode ser doutro xeito, é de bombillas de led de baixo consumo, e foi prendida o día 30 de Novembro e permanecerá ata a festividade de Reis.
            Tamén para alegrar o Nadal, o domingo 9 de decembro sorteamos unha cesta con variedade de productos, (xamón, bacallao, doces de nadal, froitos secos viños cavas e licores). O sorteo celebrouse ás 13.30h na mesma praza do Telleiro. O número agraciado foi o Nº.0043. Parabéns o agraciado Sr. Mum.
             A Asociación fai un balance moi positivo dos actos feitos durante este ano que remata, ainda que conscientes de que sempre quedan cousas por facer. Lembramos a tramitación de mellora  do tendido eléctrico no barrio dos Muiños, o concurso do día das Letras Galegas, a sardiñada popular de San Xoán, e o enorme éxito de público, que superou todas as expectativas, da Semana Cultural de San Campio, facendo de Figueiró o referente lúdico-cultural da comarca. Queda pendente ainda unha vella reivindicación que é a creación da rotonda de acceso a parroquia que seguiremos reclamando.
            Desexamos  un Bo Nadal a tódolos socios e a todos aqueles que nos apoian incondicionalmente.

                                                                         O PRESIDENTE.
                                                                  RUBEN MUÑOZ ALONSO

Ningún comentario:

Publicar un comentario