12 de dec. de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 11 Dec 2012 05:01 PM PST
mesa morgadans_2011
-A presidencia deixa fóra o tratamento das contas da parroquia e o orzamento para o 2013.

-O vogal Xaime Luxilde renunciará como representante do BNG en Morgadáns tras o seu pasaxe a ANOVA.
-Urbano Esmerode informará dunha alegación feita pola Entidade contra a instalación do parque eólico na Serra do Galiñeiro.
-Luxilde presentará un proxecto para recuperar a canteira de Vilas.
-A xuntanza terá lugar este xoves 13 de decembro ás 19:30 horas no local da Entidade.
 
Posted: 11 Dec 2012 05:23 PM PST
aarb noite
A pesar de que a fama dentro do mundo das choivas de estrelas adoitana levar ano tras ano as populares Perseidas de mediados de agosto, as Xemínidas son para moitas persoas familiarizadas coa observación astronómica, sen dúbida a mellor choiva do ano. Pero claro está, as noites de inverno xogan na súa contra polo frío, as menores posibilidades de ceos despexados e por que non dicilo, a maior densidade de novas que os medios de comunicación teñen que atender en inverno, o cal provoca que en ocasións as Xemínidas pasen sen pena nin gloria no que ao mediático se refire.

 
Posted: 11 Dec 2012 03:28 PM PST
mapa-solo-pxom-nigran
-O portavoz Fernández Comesaña cuestiona a viabilidade técnica e económica do Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM) de Nigrán que prevé un 76% da súa financiación entre a Xunta e o Estado "sen que estea avalado por ningún compromiso firme de ambas as dúas administracións".

-UCN-CDL denuncia a expropiación de 200 mil m2 en Parada e Panxón no novo PXOM de Nigrán.
-Agrega que o PXOM está baseado nunha cartografía "antiga e sen actualizar, que non recolle a realidade do municipio"
 
Posted: 11 Dec 2012 04:12 PM PST
A concellaría de Patrimonio, Mocidade e Igualdade, a través do CIM de Nigrán abre inscricións para un campamento de Nadal para nenos de entre 3 e 12 anos. O campamento celebrarase entre o 24 de decembro e 7 de xaneiro (fins de semana e festivos non incluídos), de 9.00 a 14.00 horas, nas que os participantes realizarán diversos talleres relacionados co Nadal e as festas.
 
Posted: 11 Dec 2012 03:56 PM PST
concellogondomar-nadal
A concellaría de Cultura de Gondomar e a Asociación de Mulleres Rurais San Benito están a preparar dende o pasado luns 10 de decembro, o tradicional "Nacemento vivente" que en cada Nadal ponse en escena na Praza da Paradela. Por tal motivo fan un chamado aos veciños do municipio a integrarse aos ensaios que se están a desenvolver tódolos días a partir das 16 horas fronte ao Concello.

 
Posted: 11 Dec 2012 03:44 PM PST
casa-da-lectura-2
Este mércores 13 ás 18:30 horas a Casa da Lectura (Donas) recibiu a visita de Eva, Noa e Anahí, tres rapazas do Comando Le (Espazo Lectura) que fixeron unha sesión de dinamización lectora para os máis pequenos arredor do tema que están a traballar este trimestre: os Dereitos Humanos.

 
Posted: 11 Dec 2012 03:03 PM PST
O BNG organiza unha charla sobre a catástrofe do Prestige baixo o título de "Impunidade Nunca Máis", revisando o que aconteceu hai dez anos e a situación actual, no momento en que se está a desenvolver o xuízo pola catástrofe.
 
Posted: 11 Dec 2012 02:36 PM PST
cartaz recitando_celso_emil
A Asociación Espazo Lectura convidou aos veciños a participar do acto colectivo RecitandocelsoemiliO, que tivo lugar este mércores 12 de decembro ás 12 horas no Café Rañolas de Gondomar. A actividade consistiu nun recitado público do poema Deitado fronte ao mar, do escritor Celso Emilio Ferreiro, no centenario do seu nacemento.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario