9 de dec. de 2012

MOVEMENTOS SOCIAIS

Unha concentración pedirá o luns en Vigo o indulto para David Reboredo

                                David Reboredo

O grupo de autoapoio Imán-Cedro convocou para este luns ás 19.30 horas un acto de apoio a David Reboredo que pedira o seu indulto. O acto consistirá nunha concentración diante do Marco, coincide co Día Internacional dos Dereitos Humanos e conta coa colaboración da Marcha Mundial das Mulleres. Convócase a todos os asistentes a acudir cos seus ollos vendados cun pano branco para emular á xustiza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario