9 de dec. de 2012

GOIÁN


CATORCE ANOS DE CINE CO CINECLUB POLEIRO EN GOIÁN
LAS NIEVES DEL KILIMANJARO, O XOVES 13 DE DECEMBRO


Rita Alonso Pérez / Goián


O 13  de decembro  proxectamos  LAS NIEVES DEL KILIMANJARO  unha fita dirixida polo francés  Robert Guédiguian.
O pase será, coma todolos meses, no Auditorio de Goián ás 21:30 horas.

Michel e Marie-Claire  son felices rodeados de fillos netos e amigos que enchen de felicidade tres décadas de convivencia. Unha parella orgullosa das suas actividades sindicais e políticas, de conciencia limpa,.... Todo se rompe cando sofren un asalto violento.
 Un drama social que conmove, emociona e pide reflexión, premiado coa Espiga de Prata, na Seminci de Valladolid en 2011.

 KISEKI (Miragre), O 10 DE XENEIRO DE 2023
O xoves 10 de xaneiro de 2013  veremos KISEKI (Miragre) do xaponés  Hirokazu Koreeda . Os protagonistas son un dúo cómico infantil, dous nenos fillos dunha parella divorciada. Viven separados, un co pai e o outro coa nai en distintas cidades. Creen nun miragre cando os primeiros trens que unirán as duas cidades  se crucen.

O cineclub Poleiro  conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e a Federación de Cineclubes de Galicia. 

O cineclub Poleiro mantivo a actividade no cine Avenida da Guarda entre 1998 e 2005 ata que pechou a última sala de cine do Baixo Miño. No 2008  retomou os ciclos no Auditorio de Goián. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario