9 de dec. de 2012

DEPORTES

ZAIDA GONZALEZ, DO CLUB CICLISTA O ROSAL, NO MAIS ALTO DO PODIO EN PORRIÑO


Club Ciclista O Rosal

No XXXVI Trofeo Horacio Barros de Ciclocross disputado na mañán de hoxe en Mosende (Porriño), acadabanse tres novos Pódios da man dos integrantes do Club Ciclista O Rosal.

Os Cadetes Masculinos demostraron unha lixeira milloría e tanto Xoel como Ero escalaban postos na clasificación xa que Xoel remataba 11º i Ero 13º.
Na mesma categoría pero en Féminas Zaida realizaba unha gran carreira e remataba cuarta absoluta e primeira da sua categoría.
Remataban os Junior e tanto Antonio Portela como Raul Fernández que realizaban unha carreira moi intensa, o fin tiñan que renderse o local Angel Diz (C.C.Spol) e remataban 2 e 3º respectivamente mentras que Cristobal se facía co 14º posto da clasificación
Moi intenso vai ser a vindeiro fin de semana xa que no sabado desprazámonos a Maceda (Ourense) e no domingo a Vila Nova de Famalicao para a disputa da segunda proba da Copa de Portugal 

Ningún comentario:

Publicar un comentario