A desesperación das preferentes rebenta no Parlamento
O voceiro dos afectados, nos corredores da Cámara
CC BY-SA Praza Pública
"Isto tiña que acabar pasando". Esta foi unha das frases máis repetidas esta mañá nos corredores do Parlamento de Galicia, onde o primeiro pleno ordinario da lexislatura foi interrompido polas protestas de persoas afectadas polas preferentes das antigas caixas galegas, aínda que cunha tensión e virulencia inéditas. A desesperación dos homes e mulleres que perderon os "aforros da súa vida" por mor dos "enganos" da actual Novagalicia Banco concretouse en seis persoas procedentes do Rosal e Santiago.
Ningún comentario:
Publicar un comentario