17 de dec. de 2012

GALICIA

O BNG denuncia a "política criminal" do PP en materia de Salvamento Marítimo
TELEBNG
A voceira de Pesca do G.P. do BNG, Montse Prado, denunciou hoxe a "política criminal" do PP en materia de salvamento marítimo, que acaba de costarlle a vida á percebeira de Oia nun accidente "que nestes momentos ninguén na cidadanía galega ten dúbida xa de que se podería ter evitado".


Ante esta realidade, Montse Prado reclamou en rolda de prensa a comparecencia urxente de Feijóo e a creazón dunha comisión de investigación que non só analice as circunstancias do sinistro senón tamén as consecuencias das medidas adoptadas polo PP en materia de salvamento, como a privatizacións dos helicópteros ou a eliminación do seguro colectivo de accidentes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario