EMILIO ROLÁN PRESENTARÁ O SEU NOVO LIBRO
NO LOCAL DE ANABAM

Nesta nova entrega, Rolán segue a lembrarnos como eran os tempos na súa época de chaval. Lectura amena, agradable. É este un libro que el escribe pensando, en primeiro lugar, nos seus netos e despois no público en xeral, nos que xa temos unha certa idade e, ten esperanzas, que tamén os adolescentes lle boten unha ollada.
Parte dos beneficios que produza esta nova publicación os dona a ANABAM, polo que dende aquí temos que agradecerlle, unha vez máis, esta xenerosidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario