17 de dec. de 2012

A GUARDA


A EXPOSICIÓN "AS MARCAS DOS MARIÑEIROS DA GUARDA" SERÁ INAUGURADA O VINDEIRO DÍA 26 DESTE MES

Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

A Exposición “As Marcas dos Mariñeiros da Guarda”, organizada por ANABAM,  estará aberta ao público no local desta asociación - Rúa Calvario, nº 44 - baixo (A Guarda) - a partir do vindeiro día 26 de decembro, coa inauguración da mesma  ás 18,30 horas. Poderá visitarse dende o día da apertura ata o 5 de xaneiro, días laborais, de 11,30 ás 13.00 horas e das 16,30 ás 18,30 horas.
    A exposición consta de varios paneis onde figuran as marcas mariñeiras e fotografías dos seus propietarios, así como útiles que deixaron de ser usados hai máis de 40 anos con marcas inscritas e diverso material relacionado co mundo dos mariñeiros guardeses.
     Ademais haberá pases dun documental da capela do Monte Trega facilitado polo Proxecto Socheo (grazas ao interese amosado por Xurxo Chirro). Película dos anos 30 que, coma nos conta Xurxo, aínda en debate se é de Carlos Velo, ou se poderia ser de José Suárez” onde poderemos ver a Capela do monte.
     Así que dende ANABAM, invitamos aos guardeses a que se acheguen ata o local desta asociación para lembrar unha parte da historia local.
NOVAS RELACIONADAS

Ningún comentario:

Publicar un comentario