MERCADILLO DE TROCO
Sábado 22 de decembro, de 11:00 á 14:00 h., na Praza de San Marcos
Usuari@s e público en xeral!! achegádevos ao noso mercadillo de troco para intercambiar, adquirir ou vender todo tipo de produtos e obxectos do noso fogar aos que non lle damos uso.
No stand de información vos podedes inscribir se aínda non sodes usuari@s do Bdt da Guarda.
O Fuscalho estará aberto para tomar o vermú e unhas tapiñas, e cando chegue a hora de xantar...temos menú do día!!!
Un primeiro + un segundo + postre= media hora en talóns do Bdt!
Preparade as vosas chequeiras e animádevos a participar, convidade aos vosos amig@s e familiares ao noso menú!!
Agardámosvos!!
PARA OS USUARI@S QUE IDES POÑER O VOSO POSTO, RECOMENDAMOS VIR CONTRA ÁS 10 DA MAÑÁ.
A PRIMEIRA HORA DO MERCADIÑO, DE 11 A 12, SÓ SE PERMITIRÁN OS TROCOS, DESPOIS PODEREMOS MERCAR OU VENDER OS NOSOS PRODUTOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario