19 de dec. de 2012

A GUARDA

PRESENTACIÓN OFICIAL DE ARCO BAIXO MIÑO NO CONCELLO DE A GUARDA


 Na imaxe, algúns dos artesans que participaron na presentación de Arco - Baixo Miño

Infogauda / A Guarda

Onte, pasadas as once e media da mañá, na Sá de Reunións do Xulgado de Paz do Concello de A Guarda presentábase oficialmente cara ós medios de comunicación social e ás institucións, a Asociación de Artesáns da Comarca do Baixo Miño (ARCO - Baixo Miño), nunha rolda de prensa que tivo a ben introducir, a xeito de presentación, o alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, contando coa presenza da concelleira de Comercio e Turismo, Mª Montserrat Magallanes Álvarez.
Tra-lo discurso do rexidor do concello guardés, que deu abertamente o seu apoio á Asociación, a presidenta de ARCO-Baixo Miño, Romy Ottaviani, facía fincapé no ilusionante reto de intentar asociar a un colectivo de artesáns dispersos pola comarca, dando pulo a poder potenciar a cantidade de productos artesanais que se elabouran na Comarca do Baixo Miño. Do mesmo xeito o proiecto de ofrendar un escaparate para que eses artesáns amosen ós seus productos nas feiras que haxa pola bisbarra baixo miñota e organizar outras novas, que teñan en conta o producto artesán da comarca e dalo a coñecer ós consumidores.
Consciente dos febles tempos de crise que nos toca vivir, Romy Ottaviani insta á cooperación entre artesáns e concellos coma xeito de conformar un fluxo de xente que circule polas localidades nas que haxa feiras e o seu conseguinte consumo nestas vilas, para dimanizar o pequeno comercio e para que tamén se faga patente a calidade dos productos que saen das mans dos artesáns da bisbarra e dos de bisbarras veciñas que nos queiran acompañar nesta singradura.
A seguinte intervención foi do vice-presidente de ARCO, Xermán Cordero Verde, que falou do que se pode conquerir, referíndose tamén ós antecedentes da creación da Asociación.
Tamén interviú outro membro da directiva de ARCO, José Francisco Estévez Estévez, que falou do primeiro evento organizado pola Asociación ARCO - Baixo Miño, que será una Feira de Exposición e Venda de Artesanía, denominada “NADAL EN A GUARDA”, que terá lugar na Alameda do Concello de A Guarda os vindeiros días 21, 22 e 23 de decembro. Salientou, que haberá tres sorteos de dúas pezas donadas polos artesáns asociados Celso Carrero e Huchas AFROBroches, mais un cadro do pintor guardés Pablo Cadilla. Haberá tempo para a troula o sábado, coa presenza do grupo Trebón dos Xidos, e unha morea de actividades de animación infantil para o domingo, organizados pola Ludoteca de O Rosal Pequelandia.
Agradeceuse tamén a cooperación da Xamonería - Viñoteca Avenida, de A Guarda, e do Hotel Vila de A Guarda, por axustar prezos para a comida e pernocta dos artesáns que nos visiten nestas
xornadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario