OPINIÓN
AFECTADOS POLAS ESTAFAS BANCARIAS RECRAMÁRONLLE O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SEU APOIO Á SOLUCIÓN DA PROBLEMÁTICA QUE ESTÁN SOFRENDO
Reportaxe fotográfica: Ana Álvarez Cerequeira
Infogauda / A Guarda
Como era de agardar, o acto de presentación do libro sobor da historia do clube de fúbtol Sporting Guardés, que estivo presidido por Rafael Louzán Abal, presidente da Deputación de Pontevedra; contou coa presenza de veciños de A Guarda e tamén do Rosal e mesmo de Goián. Nalgúns casos, o motivo da súa presenza estaba plenamente xustificada polo seu interese en participar nese acto conmemorativo dos máis de 50 anos de existencia do devandito clube. Alí estaban o primeiro presidente do clube, Manuel Lomba de la Peña e o actual, Victor Manuel Lomba González; ex-directivos, ex-xogadores, xogadores, siareiros, e público en xeral.
E tamén estaban, con todo o dereito do mundo, e polo tanto súa presenza tamén estivo plenamente xustificada; unha representación de afectados polas estafas bancarias. Persoas que confiaron na súa "entidade de toda á vida", onde traballaban ou traballan veciños de toda á vida, xente na que confiaron, e xente que logo de máis de un ano, teñen presos seus aforros de toda súa vida, pola voracidade de algúns desaprensivos que abusando desa confianza que os clientes depositaron neles, fixeron cos aforros de moitos galegos - máis de 60.000 - o que seus superiores xerárquicos, lles habían indicado: captar o maior número posible de aforros en productos tóxicos, de tal complexidade, que para resumir, foron "vendidos" como depósitos a prazo fixo, que se podían recuperar con tan soio avisar de unha semana para outra. E así foi, durante algún tempo. Todo funcionaba con normalidade.
Por unha serie de circunstancias hoxendía coñecidas amplamente por toda á opinión pública, máis en todo caso non pola vontade dos aforradores, senón por decisión espúreas, de intereses de alcance político, foi como eses aforradores de toda á vida, viron que seus aforros non llos deixan recuperar na súa integridade.
Hai responsables desa estafa. Que máis que responsables, actuaron coma verdadeiros irresponsables, sen nengún escrúpulo moral nin profisional. Niso lles ía o seu própio interese. Os incentivos que lles aboaban - e aboan - ás entidades que comercializaron - e comercializan ainda a día de hoxe - productos como ás participacións preferentes, débeda subordinada,..., e outros productos, que lles daban un nivel de solvencia a esas entidades, precisamente porque eran ad aeternum. E decir, para sempre. Para toda á eternidade.
E eiquí, é onde está, para nós, unha das craves desa estafa. A ninguén se lles dixo que os diñeiro quedaría preso para sempre nas entidades comercializadoras deses productos complexos. E por iso, desde o noso modesto entender, hai que depurar responsabilidades varias. Sen demora.
Directivos, ex-directivos, empregados, colabouradores,..., das entidades que abusaron da confianza dos seus clientes, deberan haber sido postas, desde fai tempo, á disposición xudicial, ademáis de que lles foran aplicadas ás medidas cautelares correspondentes, que se lles aplican a outras persoas por bastante menos.
Medidas que deberan abranguer os carregos públicos que presionaron para que a fusión dalgunhas entidades que todos sabemos, e que semellaba que nesa operación de fusión lles ía á vida, cando como estamos a ver, ás vidas estánselle indo os afectados. Que sen tregua, loitan democráticamente por recuperaren o que lles custou moito sacrificio aforrar ó longo de toda súa vida.
A día de hoxe estamos comprobando como algúns minten máis que falan. Que tentaron e tentan, seguir enganando á xente. Á persoas que aínda que lles devolvan todo, xa levan perdido moito máis do que probablemente habían imaxinado. E non lles vale que Louzán lles diga que en Galicia, unhas 9.000 persoas xa recuperaron os seus aforros. E as 51.000 restantes? A esas quen lles garante que van a ter esa posibilidade?
Non Sr. presidente. Vostede sabe que o reloxo non parou de funcionar. O tempo vaise acabando. A venda da entidade resultante desa fusión a que antes aludíamos, é unha criatura que naceu con moitas eivas. Foi moi mal concebida e os resultados a vista están. O FROB quere desfacerse dela en menos de 5 meses. Por iso, entre outros motivos, os afectados se dirixiron a vostedes, demandándolles seu apoio político. Porque ninguén descoñece que á decisión da fusión foi por presións políticas. Había que ter unha caixa forte. Non había lugar para dúas caixas. Que falacia!
Algúns - ainda que seu partido político, como vostedes lles relembrou os seus interlocutores, haxa obtido nas recentes eleccións autonómicas, á confianza de un de cada dous electores - están totalmente desacreditados para que os afectados polas estafas bancarias confíen neles. E iso, que dúbida cabe, non deixará de ter súas consecuencias. Tempo o tempo.
Como noutros moitos casos, os afectados polas estafas bancarias, non son inversores. As fotografías que publicamos son boa demostración de que se trata únicamente de persoas que confiaron no que deberían ser boas prácticas dos empregados das entidades que lles "colocaron" eses productos que lles están consumindo ás enerxías vitais, á saúde e os poucos ingresos que procedentes das súas modestas pensións, subsidios de desemprego, ou salarios, lles permiten continuar súa lexítima loita ata o final.
Os afectados teñen memoria. Moi boa memoria. Como para relembrarlle á Louzán, en presenza dos alcaldes Jesús María Fernández Portela e José Manuel Domínguez Freitas - ás verbas de Nava Castro na pasada Feira do Viño do Rosal. E non val tentar replicarlle o voceiro dos afectados, Argimiro Puentes, decíndolle que non sexa demagogo. Eiquí de demagoxias quen máis saben son os responsables desta situación vergoñenta que padecen a día de hoxe máis de 51.000 galegos. Contra súa vontade.
Polo tanto, Sr. Louzán, demóstrelles a eses cidadáns polo que realmente "temos que seguer xuntos", como vostede lles dixo onte. Os afectados xa o saben. O único xeito de loitar é precisamente facéndoo xuntos. Pero vostede retornou a súa casa e eles continúan xuntos, co seu calvario particular que día á día, por dignidade humana, lles motiva a recramar o que é deles. Non o esqueza Sr. Louzán.
Desde a plataforma de O Rosal vos damos as gracias por o reportaje e a verdade das palabras....MOITAS GRACIAS
ResponderEliminarDesde a plataforma O Rosal vos damos as grazas por o reportaxe tan amplio que publicasteis....
ResponderEliminar