BEGOÑA ESTÉVEZ FAI ENTREGA DUNHA COLABORACIÓN DE 35.000 EUROS DA DEPUTACIÓN
Ó CLUB DE BALONMÁN ATLÉTICO NOVÁS
Infogauda / Pontevedra
A deputada provincial, Begoña
Estevez, entregou hoxe unha colaboración económica da Deputación por importe de
35.000 euros ó club Mecalia Atlético Novás. O presidente da entidade, Benedicto
Sousa Álvarez foi o encargado de recoller esta subvención nun acto no que tamén
estiveron presentes o deputado Pablo Baquero; e o alcalde de O Rosal.
Segundo explicou Estévez “trátase
da colaboración nominativa que cada ano se lle entrega ós clubs para apoiar a
súa actividade en función da súa categoría”. Con respecto ó Balomán Atlético
Novás a deputada puxo de relevo que se trata dun equipo cunha ampla e
consolidada traxectoria e que xoga na primeira categoría, en División de Honor.
Estévez recordou que a Deputación
é a entidade que máis leva apoiado o deporte nos últimos anos. “Traballamos
para mellorar as infraestruturas, para fomentar a canteira mediante as escolas
deportivas e para apoiar aos Clubs con achegas económicas como as que
entregamos hoxe”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario