A ASOCIACIÓN NATURALISTA "BAIXO MIÑO" (ANABAM) PREPARA UNHA EXPOSICIÓN RELACIONADA COAS MARCAS DOS MARIÑEIROS DE A GUARDA
ANABAM / A Guarda
O interese que dende hai 30 anos tomamos nesta asociación co mundo do
mar, leva a que continuemos con este tema. Por elo, e co fin de organizar no
vindeiro Nadal unha exposición relacionada coas marcas dos mariñeiros da
Guarda, ANABAM impulsa novamente a recollida de marcas coas que levar a
cabo a citada exposición, editar máis adiante unha nova publicación e ampliar o número de marcas que xa temos.
Por isto, agradecemos a tódalas persoas, principalmente aos mariñeiros
guardeses, toda a información posible que nos poidan dar e que contribuirán,
deste xeito, a evitar a perda irreparábel deste patrimonio etnográfico local.
As persoas que queiran dar información sobre as marcas, poden achegarse
ao local de ANABAM, na Guarda (rúa Calvario, 44-baixo) polas tardes, onde temos
dispoñibles unhas fichas para recoller todo o relacionado coas marcas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario