13 de nov. de 2012

A GUARDA

O BNG denuncia graves deficiencias no balizamento da canle do ferri A Guarda-Caminha

    O ferri Santa Rita de Cássia nunha das súas travesías desde Caminha ata A Pasaxe (Camposancos), e viceversa (Foto: Arquivo Infogauda)

O BNG leva denunciando esta situación hai anos. É o segundo accidente en apenas dous anos e non se toman medidas para asegurar a canle de navegación do ferri

Infogauda / A Guarda
 O Bloque Nacionalista Galego vai presentar diferentes iniciativas no Parlamento español, Parlamento galego e no Concello da Guarda denunciando as deficiencias existentes no sistema de balizamento na canle do ferri entre A Guarda e Caminha.
O portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, ven a pór de manifesto os risco que está a supoñer o estado lamentábel de conservación das balizas que marcan a canle de navegación. A máis inmediatas foi o feito producido o pasado 11 de novembro no que un pescador, agora do Rosal, sufriu un grave accidente contra unha das balizas metálicas, causándolle serias lesións ao patrón e destrozando a proa da embarcación. Sendo o segundo caso en apenas dous anos. Daquela fora un pescador guardes o que colisionou contra unha das balizas do ferri debido a falta de iluminación da mesma.
Para o BNG o sistema de sinalización segue estando nun estado lamentábel, podéndose apreciar luces de posición avariadas e incluso algunhas balizas caídas converténdose nun auténtico perigo para a navegación, nomeadamente nas noites ou en días con condicións climáticas desfavorábeis.
Para a formación nacionalista, é preocupante a falta de interese que existe por parte das diferentes administracións polo estado do río Miño e do servizo de ferri.
“Hai dous anos xa denunciamos outro accidente con resultado semellante. Parace que ten que haber un morto enriba da mesa para que as administracións se tomen as medidas de seguridade en serio”, comentou Xan Lois Lomba, portavoz municipal do BNG.
Pasividade do Goberno español e galego
O BNG considera vergoñento a pasividade das administracións públicas que está deixando nunha difícil situación o mantemento o ferri e que pode provocar a morte dalgún pescador do río en calquera momento. Así, non se están tomando as medidas de seguridade que fagan desta parte do río unha navegación segura. Por outra parte, non existe ningún compromiso firme por parte do Goberno español que asegure os dragados necesarios para garantir o servizo do ferri, facéndoo compatíbel cos usos pesqueiros do río e mantendo o máximo respecto ao medio. Engadir actitude cómplice e silenciosa do Goberno galego sendo unha vía de comunicación con Portugal radicada no seu territorio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario