Carme Adán en Tomiño: “O Bloque é a única forza política que presenta políticas alternativas ás que defende Feijóo”
Infogauda / Tomiño
O Bloque Nacionalista Galego celebrou onte xoves na Casa da Cultura de Tomiño un acto público no que interviron Carme Adán, candidata número dous do BNG por Pontevedra e Xosé Manuel Méndez, candidato do Baixo Miño nas listas da organización nacionalista.
Carme Adán fixo referencia ás alternativas do BNG para que Galiza poida producir xerando emprego na nosa terra. “Fronte ao progama de recortes, nós, dende o BNG, defendemos os nosos sectores productivos” asegurou a candidata nacionalista. “O Bloque é a única forza política que presenta políticas alternativas ás que defende Feijóo e que garante un cambio real na Galiza. O BNG non permitirá que se siga presionando ás familias con menos recursos mentres os que máis teñen disfrutan de cada vez máis ventaxas” engadiu.
Durante a súa intervención, o candidato do Baixo Miño, Xosé Manuel Méndez, referiuse á necesidade dun goberno que teña as necesidades de Galiza e das maiorías sociais como prioridade e afirmou: “En Galiza temos recursos suficientes para xerar riqueza e emprego, producimos os mellores alimentos de Europa, ninguén nos ensina a pescar, nin a construir barcos, queremos transformar o noso vento en enerxia eólica e temos capacidade dabondo para facelo; só precisamos que se nos deixe producir e xestionar os nosos recursos para poñelos ao servizo do país.
Ademais Xosé Manuel Méndez fixo un pediu o apoio para BNG o día 21 como garantía dun cambio de goberno: “Se concentramos o voto nacionalista e de esquerdas no BNG podemos poñer fin ao goberno de Feijoo: o peor goberno da historia de Galiza” asegurou.
O acto estivo presentado por Francisco Campo, concelleiro do BNG en Tomiño e contou coa intervención da Acaldesa Sandra González, quen se referiu ao que a actual Xunta de Galiza fixo por Tomiño. A Alcaldesa nacionalista afirmou que o único que o goberno de Feijoo fixo pola localidade foi atribuírse servizos postos en funcionamento polo anterior goberno, como a Galescola ou o centro de día de Tomiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario