8 de out. de 2012

OS VOSOS VÍDEOS

THEREMIN AZULEXO

Proxecto Socheo

Curtametraxe experimental gravado na Guarda e noutras vilas costeiras de Galicia onde existe veneración por decorar as fachadas das casas con azulexos. O proxecto xurde de confrontación de dous elementos estéticamente negativos, un dispositivo xerador de son e as casas con faciana de azulexo atopadas nunha viaxe pola costa de Galiza. O theremin é un sintetizador de son a partir duna interferencia con un campo magnético. O material cerámico tratase como espello opaco. A proposta resulta nun soño prótese, non unha viaxe real. O vídeo é un artefacto que contén en forma latente, como un egoísmo sen resolver, o unha partida de xadrez, os elementos da súa crítica. Realizado en colaboración de Elvira Rodríguez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario