Patrimoniogalego.net supera os dous mil bens culturais catalogados
Distribución territorial do inventario de bens culturais de patrimoniogalego.net. En máis oscuro, as zonas con máis bens inscritos
CC BY-NC http://patrimoniogalego.net
Patrimoniogalego.net é unha mestura de observatorio, rede social e catálogo en liña, posto en marcha en maio do pasado ano por un grupo de persoas entre as que destaca Manuel Gago. Dende un comezo os seus responsables poñían o foco na necesidade de crear un Catálogo Social do Patrimonio e sinalaban que "un dos grandes problemas para o Patrimonio Cultural galego é que os cidadáns non sabemos o que temos. A Administración autonómica non fai pública en Internet a información da que dispón sobre os Bens Culturais.

Ningún comentario:
Publicar un comentario