20 de set. de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 19 Sep 2012 04:54 PM PDT
zona-fraca
A cadea de supermercados Mercadona e a firma Combustibles do Noroeste prevén crear uns cincuenta novos postos de traballo no polígono Porto de Molle, que promove o Consorcio da zona franca de Vigo en Nigrán, segundo foi comunicado aos medios.


 
Posted: 19 Sep 2012 04:35 PM PDT
galgo
A Secretaría Xeral de Política Lingüística xa ten dispoñible para descargar o corrector de galego 'Imaxin Galgo 2.0', unha ferramenta que adiantan "facilitará" o uso do galego dentro das novas tecnoloxías. Trátase do primeiro corrector que soluciona non só erros de carácter tipográfico e ortográfico, senón tamén léxicos, que se poden atopar en textos escritos en galego.


 
Posted: 19 Sep 2012 03:56 PM PDT
guitian-hernandez
Os cinco concelleiros nacionalistas -non adscritos- de Gondomar cualifican como unha "visita electoral" a presenza no municipio do conselleiro da Xunta e tamén candidato polo PP de Pontevedra nas vindeiras eleccións autonómicas, Agustín Hernández. A través dun comunicado, sinalan que o titular de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, contradíxose ao falar da "inminente aprobación do PXOM , cando el mesmo, o pasado mes de xullo, fixou por medio dunha comunicación oficial ao Concello, a súa aprobación para o ano 2016."


 
Posted: 19 Sep 2012 01:01 PM PDT
2012-09-19-11.18.59
As obras de Sabarísfixeron reaparecer as vías centenarias do tranvía que no seu momento foi o medio de transporte clave para comunicar a vila de Baiona e a cidade olívica, permitindo chegar dun punto a outro nunha hora e media. Esta será a última oportunidade para ver esta imaxe, xa que as vías están sendo retiradas de xeito definitivo.


 
Posted: 19 Sep 2012 01:28 PM PDT
autocad
A oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Gondomar informa que vai desenvolver a súa última acción formativa na área da Informática. Trátase dun curso básico de deseño a través do programa AutoCAD.É unha formación básica que consta de 30h que van dende o 18 ata o 31 de outubro.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario