- A beleza; consideracións próximas.
- O Concello de Nigrán anuncia o saneamento das contas municipais e adianta axustes para os próximos meses.
- O Pazo do Conde de Gondomar novamente abrirá as súas portas para ser visitado os xoves de agosto.
- O mercado dos luns en Sabarís
|
Posted: 22 Aug 2012 03:19 PM PDT
Ao meu pai.
Vivimos tempos difíciles, convulsos para todos; ou máis atinadamente, para case todos. Tempos inseguros no económico-social e profesional, e, tamén, moi tristes no persoal. Aínda así, non deixamos de buscar a beleza, esa condición, tan detectable e confusa a un tempo, perseguida incesantemente por un ser humano que, ao meu entender, non resistiría a vida sen a súa existencia. Penso que a beleza, dalgún xeito, está relacionada co recordo, coa memoria. Tamén coa intelixencia. Pero, e que é a beleza?. Dicía Santa Teresa, citando a Platón, que a beleza se topa na verdade. Pois, que é a verdade? cal verdade? Intuímos o que Teresa quería dicir, cremos saber a que se refire e, non obstante, tamén coñecemos a subxectividade. Un dos personaxes da moi boa película de San Mendes, American Beauty, ante a estrañeza e inicial incomprensión da súa amada, relátalle, nos seguintes termos, o porqué de 15 minutos de continua gravación do rostro sen vida dun esmoleiro no que creu ver un ricto de felicidade: "cando acontece algo así, é coma se Deus te mirase aos ollos e, se estás atento, podes devolverlle a mirada. E que ves? Beleza". Este personaxe, dotado de finísima sensibilidade, fala da súa verdade; subxectiva, si, pero non exenta de argumentos.
|
|
Posted: 22 Aug 2012 03:00 PM PDT
"Nigrán cierra el ejercicio económico de 2011 con las cuentas saneadas", anunciou nesta xornada a administración local. Nese senso, a través dun comunicado informa que o último exercicio deixou un saldo positivo de 235.631€ e un remanente de Tesourería de 404.000€. Nembargante o alcalde Alberto Valverde anunciou que " ante el empeoramiento de las previsiones económicas globales del país" o Concello se verá obrigado a facer "pequeños ajustes en algunas de las partidas de gasto"
|
|
Posted: 22 Aug 2012 02:01 PM PDT
Dende que Gonzalo Fernández de Córdoba y Narváez asumiu como o XIII conde de Gondomar en decembro de 2010 as portas do histórico pazo que levantara o seu devanceiro Diego Sarmiento de Acuña (I conde de Gondomar) amosan plena disposición a abrirse a visitas e actividades comunitarias. Audicións musicais evisitas guiadas organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos, o Concello e outras organizacións socias, colocaron novamente ao Pazo do Conde como un enclave de grande atracción para veciños e turistas. Agora, o Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Turismo informan que terán lugar visitas guiadas os próximos dous xoves deste mes de agosto.
|
|
Posted: 22 Aug 2012 01:27 PM PDT
Para Xoán 1 de 5
Dende tempos moi antigos vense facendo, todos os uns do ano, un mercado na Vila de Baiona que abrangue toda a bisbarra do Val do Miñor. Foi creado no ano 1497 ao amparo dun privilexio concedido polos Reis Católicos poucos anos despois de que a Vila de Baiona soubese da descuberta das terras do outro lado do mar Atlántico pola arribada da carabela A Pinta en 1493 e comezou a celebrábase no Monte do Boi.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario