18 de ago. de 2012

VAL MIÑOR

Posted: 17 Aug 2012 02:45 PM PDT
deja vu
O pop rock con sabor do Río de la Plata chegará a Gondomar coa presentación da banda DEJAVU. O concerto terá lugar na Praza da Alameda o vindeiro domingo ás 12:30 horas. Deja Vu presentará sobre o escenario unha proposta musical de cancións frescas que convidan a viaxar por sensacións xa vividas traducidas ao pop rock, unha descarga de melodías que invitan ao movemento e que cantan historias de pensamentos.


 
Posted: 17 Aug 2012 01:53 PM PDT
CARTAZ UIMP_IEM
O Instituto de Estudos Miñoranos Informa que quedan as últimas prazas para anotarse no curso "Dende o badal ao clic", un curso da Universidad Internacional Menéndez Pelayo que terá lugar en Gondomar os días 6, 7 e 8 de setembro. O evento académico centrarase na problemática das novas transformacións que está a sufrir o medio rural en Galicia. O curso -dirixido a profesionais, estudantes e público en xeral- finaliza o prazo de inscrición o vindeiro martes 4 de setembro.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario