20 de ago. de 2012

O ROSAL

A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL DESPREGA NESTES DÍAS UNHA INTENSA ACTIVIDADE MUSICAL 

O mércores día 22, haberá un concerto no Auditorio do Rosal e o sábado mailo domingo días 25 e 26 de agosto, a Praza do Calvario acollerá o XXIII Festival de Músicos Xoves




Monserrat Domínguez Otero / O Rosal

Como acto de clausura das Xornadas Musicais que se están realizando estes días, celebrarase un concerto o vindeiro mércores 22 de agosto, ás 19,00 h. no Auditorio do Rosal, onde participarán os alumnos que están asistindo as mesmas cos seus profesores:


- Rafael Carracedo Crespo (Trompeta)
- José Manuel González Diego (Trompa)
- Francisco Sevillá Gonell (Trombón)
- Daniel Bellón (Gaita)
 Tamén este fin de semana terá lugar na Praza do Calvario do Rosal o XXIII Festival de Músicos Xoves, que este ano conta cun cartel excepcional.
sábado 25a partir das 21,00 h., participarán a Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal, a Unión Musical de Meaño, a Banda Artística de Merza e a Agrupación Musical do Rosal.
domingo 26, a mesma hora, estará adicado a música coral e participarán a Coral Polifónica Os Penediños de Atios (Porriño), a Coral Polifónica Novos Aires de Nigrán e a Coral da Agrupación Musical do Rosal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario