7 de xul. de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 06 Jul 2012 02:01 PM PDT
non ao_microchipTódalas asociacións tradicionais, culturais e socias vencelladas á protección dos cabalos do monte e ás festas dos curros emprenderán unha marcha a pé e cabalar polas rúas de Vigo o vindeiro domingo 8 de xuño a partir das 11:30 horas. O punto de concentración será en Castrelos e marcharase ata a Praza España e volta a Castrelos. As asociacións convocantes pregan a tódalas persoas sensibilizadas con estas tradicións do país a sumarse á marcha reivindicativa contra o Decreto Equino aprobado o pasado 14 de xuño pola Xunta de Galicia, que pon en serio perigo a supervivencia dos cabalos ceibes.

 
Posted: 06 Jul 2012 07:35 AM PDT
O festival estrea a súa comunidade na redeBaixo o nome de "Comunidade Port América"  o Festival estrea a súa rede social gratuíta destinada a albergar as propostas innovadoras dos usuarios.
A organización regala 2 abonos dobres para á mellor idea "positiva, creativa e constructiva" que serva para facer unha sociedade mellor.
A productora viguesa encargada do festival PortAmércia, Esmerarte Servizos Artísticos, presentou esta semán unha nova iniciativa para portAmérica. A rede "Comunidade Port América" pretende dotar de voz ao individuo e demostrar o poder da cultura como motor de dinamización. Ademais de MercaInnova e Gastro, os mercados de talento que terán lugar no propio recinto do festival, Esmerarte pon agora en marcha A Comunidade portAmérica, un foro virtual de acceso gratuíto no que poder publicar proxectos e ideas desde calquera lugar, máis aló das datas de realización do festival.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario