EXPOSICIÓN DE ESCULTURAS
do artista rosaleiro
JULIO MARTÍNEZ MARTÍNEZ
Do 13 ó 25 de xullo de 2012, na Sala de Exposicións do Concello do Rosal
Infogauda / O Rosal
Desde hoxe, ás 20:00 h., ata o 25 deste mes de xullo, a Sala de Exposicións do Concello do Rosal, acolle unha exposición de escultura do artista rosaleiro Julio Martínez Martínez.
"Son 12 pezas escultóricas íntegramente en granito, e unha excepción en mármore. É unha escultura que se desensolve en distintos estilos artisticos.
Na mostra hai esculturas realistas e outras - a grande maioría -, nas que se mesturan á abstraccion figurativa con trazos cubistas. Están realizadas con distintas técnicas que van desde a talla directa a indirecta", dixo Julio Martínez Martínez a Infogauda.
Xunto co creativo guardés, José Carlos Castro Martínez, que baixo o título xenérico de "Paraxes do Baixo Miño", presenta unha suxerente colección de fotografías; o escultor Julio Martínez Martínez comparte a Sala de Exposicións do Concello do Rosal.
Sipnose biográfica de Julio Martínez Martínez
Julio Martinez Martinez nace en O Rosal (Pontevedra), o 30 de decembro de 1978.
Da mán da pintora guardesa Alicia Alonso Fernández introdúcese no mundo das artes plásticas, desde neno e ata a adolescencia, época esta desde a cal séntese engaiolado polo mundo do volume escultórico.
Cursa estudos na Escola de Canteiros, de Pontevedra e colaboura con distintos artistas, montando seu obradoiro-estudo no Rosal.
Realiza obras en granito,mármore e bronce, con encargos en España e Portugal.
Nos anos precedentes ven participando en exposicions, certames de artes plásticas e subastas solidarias.

Ningún comentario:
Publicar un comentario