Posted: 21 Jun 2012 02:25 PM PDT
As cantautoras Chenoa e Merche anuncian a súa participación nos concertos da Festa da Anunciada o vindeiro domingo 5 de agosto. Aínda que o Concello non ten presentado o programa oficial, ambas as dúas artistas fixeron o anuncio nas súas respectivas web oficiais.

|
Posted: 21 Jun 2012 01:16 PM PDT
A executiva nacional de Esquerda Unida pronunciouse en contra do cobro do canón da auga que contempla a Lei de augas de Galicia aprobada en novembro de 2010, no entendido que "supón a mercantilización dun ben público universal como é a auga".
A coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, indicou que "esta lei ten un carácter eminentemente recadatorio, apostamos por garantir a gratuidade da cantidade de auga necesaria para manter unha vida digna"
"Paragaremos un imposto da auga só polo feito de estar vivos."

|
Posted: 21 Jun 2012 11:06 AM PDT
A Agrupación Deportiva do Val Miñor, en colaboración coa concellaría de Turismo, Cultura e Deportes do Concello de Nigrán, celebrará os vindeiros días 27 e 28 de xullo, e 1, 2, 3 e 4 de agosto, o primeiro Torneo de Fútbol Sala Nigrán 2012. A competición celebrarase no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón, con máximo de 20 equipos, en horarios compatibles coa xornada laboral, e estará aberta a maiores de 18 anos, e nenos de 16 e 17 anos con autorización dos pais ou tutores, sen ser necesario estar federado.

|
Posted: 21 Jun 2012 10:53 AM PDT
O Concello de Nigrán, a través da concellaría de Promoción empresarial, Comercio e Emprego, abre unha nova convocatoria para os cursos de manipuladores de alimentos no municipio. As inscricións a este curso en prácticas correctas de hixiene para manipuladores de alimentos estarán abertas todo o ano e pódese anotar ao teléfono 676 209 079. Os cursos se celebrarán nas instalacións municipais do Centro Antena.

|
Posted: 21 Jun 2012 10:37 AM PDT
 - O Concello patrocina a Festa do Socio no Centro Cultural de Donas que terá lugar o sábado 23 e domingo 24
-O Palco da Música acolle o domingo o concerto da Orquestra do Conservatorio Municipal de Gondomar dentro do programa de posta en valor e dinamización deste espazo emblemático do concello

|
Posted: 21 Jun 2012 10:10 AM PDT
Un total de 40 rapaces adquirirán formación profesional nos sectores de xardinería e hostelería e realizarán prácticas en empresas da zona grazas a posta en marcha de dous cursos organizados e financiados integramente polo Concello de Gondomar. A iniciativa, segundo informaron os concelleiros responsables Ignacio Troncoso e Natalia Salgueiro, está deseñada pola Concellaría de Xuventude en colaboración con Formación e Emprego, e persegue non só a cualificación profesional dun sector poboacional que rexistra os peores datos de desemprego do Estado, senón tamén a súa incorporación ao mercado laboral.

|
Posted: 21 Jun 2012 09:41 AM PDT
Vén de abrirse o prazo para participar na 6º edición do Certame Fotográfico "Viaxando", organizado polas Oficinas Municipais de Información Xuvenil dos concellos de Gondomar, Tui, Salceda de Caselas, A Guarda, Tomiño, O Rosal, Nigrán, Baiona e O Porriño. Os participantes poderán presentar unha única fotografía que terá que ser orixinal e inédita, cunha temática que responda ao título do certame, Viaxando.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario