6 de xuño de 2012

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA ADVIRTE DA PERIGOSIDADE NAS BEIRARRÚAS INVADIDAS POLA MALEZA


Reportaxe fotográfica: Grupo Municipal de Converxencia Galega / A Guarda

Durante moito tempo, o Grupo Municipal [de goberno] fixo bandeira da dotación das beirarrúas “do Castro”, na Estrada PO-353, (A Guarda-Fornelos)  o séu paso polos sitios de O Castro, A Proba, ata o límite co Concello de O Rosal.
Sin poñer en dúbida da necesidade de ditas instalacións, o igual que noutros puntos do noso concello, a día de hoxe, podemos falar da deixadez e abandono deste lugar, así como a necesidade de unha verdadeira obra que faga realidade esas beirarrúas, e que sexan instrumento de seguridade para os veciños que por elas camiñan.



Nestes momentos, a invasión de silvas e herbas de todo tipo, impiden que se poida camiñar por elas, provocando que os paisanos teñen que “circular” pola estrada, poñendo en risco a súa integridade física, sen que ninguén con responsabilidade no tema, imparta as órdenes oportunas para que se proceda a adecentar este tramo do pobo, e quede na “boa vontade” dos veciños, que no momento de traballar as súas leiras, aproveiten a soltar un pouco de herbicida para poder acceder a elas e aproveiten a “despexar un pouco” a fronte das mesmas.
Tendo en conta que na maioría do trazado, somentes existe beirarrúas por unha marxe, a perigosidade para os peatóns e conductores poide incrementarse cara o verán, en que a afluencia de persoas é maior.
Por todo o exporto, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a solicitar da Administración Local para que de xeito inmediato se proceda a adecentar ese lugar para evitar que se poida producir algún tipo de percance. 

Celso R. Fariñas


Ningún comentario:

Publicar un comentario