30 de maio de 2012

PONTEVEDRA


A DEPUTACIÓN APORTA 186.000 EUROS A SETE FEDERACIÓNS E ENTIDADES PARA FINANCIAR AS 221 ESCOLAS DEPORTIVAS NAS QUE  PARTICIPAN 6,485 NENOS DE 43 CONCELLOS DA PROVINCIA

O presidente da Deputación de  Pontevedra, Rafael Louzán, fixo entrega hoxe de 185.714 euros ás federacións que rixen as Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra para financiar esta actividade que permite o desenvolvemento de 221 escolas en 43 concellos da provincia nas que participan un total de 6.485 nenos.
As cantidades entregadas _que dependen do número de escolas e de nenos participantes_ desglosanse do seguinte xeito:
·     46.875 €  á escola de balonmán ( dun total de 75.000 € que é o importe final da colaboración)
·        21.875 € ás escolas deportivas de judo ( dun total de 35.000 €).
·        8.750 € ás escolas deportivas de Atletismo (dun total de 14.000€).
·        28.125 € ás  escolas deportivas de Patinaxe (dun total de 45.000€)
·        60.714 € ás escolas deportivas de fútbol ( dun total de 85.000 €)
·        9.375 € ao Coruxo FC (encargado das escolas de fútbol sala)
·        10.000 € ao Vigo Rugby Club (encargado das de rugby)

A partida económica final, destinada anualmente pola Deputación ás Federacións para o mantemento das escolas deportivas provinciais, ascende a 295.000 €.
Con este investimento desenvólvense 221 escolas na provincia, distribuídas en 43 concellos, e que aglutinan a un total de 6.485 nenos. Máis concretamente:
·        Balonmán, en 26 concellos, 123 escolas e 2.200 nenos.
·        Fútbol en 26 concellos, 41 escola e 1.900 nenos
·        Patinaxe en 20 concellos, 25 escolas e 1.200 nenos.
·        Judo en 10 concellos, 12 escolas e 550 nenos.
·        Fútbol sala en 3 concellos, 13 escolas y 202 nenos.
·        Marcha en 4 concellos, 4 escolas e 150 nenos.
·        Rugby en 1 concello, 2 escolas e 163 nenos.
·        Natación (co Club Galaico) en 1 concello, 1 escola e 120 nenos.

Louzán sinalou que, para o vindeiro ano, incluiránse escolas deportivas de Piraguismo e destacou que, nos presupostos que a Deputación aprobará o vindeiro día 8 de xuño, manteráse a misma cuantía económica para financiar estas actividades deportivas nos concellos.
Pola súa banda, o presidente da Federación de  Balonmán agradeceu, en nome do resto das federacións, a colaboración da Deputación de Pontevedra para con o deporte <é unha inversión, non un gasto>, dixo e destacou o feito de que os dous clubes recén ascendidos á Liga Asobal e á División de Honra feminina, o CB Cangas e o Mecalia Atlético Guardés, teñen o 80% dos xogadores da súas comarcas.
Nesta mesma liña, o presidente da federación de Atletismo, Santiago Pérez, suliñou que Pontevedra <é o exemplo de España> en Marcha gracias ao apoio da Deputación , afirmou. , conclueu.

Ningún comentario:

Publicar un comentario