16 de maio de 2012

FIGUEIRÓ

A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS "FONTE DOS CARREIROS" CONMEMORA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS




Sara Carrera Fernández / Figueiró

A Asociación de Veciños “FONTE DOS CARREIROS” de Figueiró organiza, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o 7º Concurso de Redacción e Debuxo para escolares.
Neste concurso participan tódolos alumnos/as matriculados/as no CEIP Antonio Fernández de Goián e na Aula de Educación Infantil de Figueiró.

Dende aquí, a Xunta Directiva desta Asociación, ten o pracer de comunicarlles que o vindeiro xoves, día 17 de maio, a partir das 11:30 da mañán, exporanse os debuxos e redacións no salón de actos do Centro Recreativo e cultural de Figueiró.
O día 17 de maio 12:30 da mañá terá lugar a entrega de premios e o peche da exposición será as 20:00 h.
O xurado formado por mestres, artistas, periodista e concelleiro de cultura do Concello de Tomiño foi o encargado de decidir, entre os traballos presentados, ós gañadores das distintas categorías.

Dende aquí queremos expresar a nosa sincera gratitude á dirección e corpo docente do colexio de Goián e unitaria de Figueiró. Sen a súa axuda e colaboración este concurso non sería posible.
Tamén agradecemos profundamente a colaboración de Edicións Xerais de Galicia, Xunta de Galicia, Concello de Tomiño, Centro Recreativo e Cultural de Figueiró e de tódolos membros do xurado.

Con este humilde concurso, a Asociación desexa contribuír no fomento da difusión da cultura galega e promocionar a lectura en galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario