O CENTRO DEMOCRÁTICO LIBERAL DA GUARDA PIDE MELLORAS NOS EQUIPAMENTOS DE EMERXENCIAS
“ESTE PARTIDO POLÍTICO SUXÍRELLE O CONCELLO QUE FAGA OS TRÁMITES OPORTUNOS PARA SOLICITAR UNHA LANCHA DE SALVAMENTO MARÍTIMO”
Presidente do Centro Democrático Liberal da Guarda
O Centro Democrático Liberal da Guarda quere manifestar a súa ledicia porque o ente público Portos de Galicia ven de por unha base para o aterraxe do helicóptero de emerxencias no porto da Guarda.
Pois ben, vendo que dito heliporto está situado diante do Museo do Mar, “Atalaia”, e sen por en dúbida o estudo levado a cabo para que esa zona se dotara de dito heliporto, e observando que tal e como está ubicada; os equipos de emerxencia teñen que dar unha volta moi grande para chegar xunto del, xa que terían que percorrer as rúas Avda. Galicia, José María Andreini, Rodríguez Cachada e Rosal dado que non caberían polo barrio da Robaleira e aínda así non chegarían a el.
O Centro Democrático Liberal da Guarda suxire que de forma excepcional e só para os equipos de emerxencia:
1. Se sustituía o moxó de pedra que hai na entrada do paseo marítimo por un sistema de pivote con chave que permita dito acceso.
2. Dado que a lancha de rescate de salvamento marítimo está ubicada no porto de Vigo e tardaría entre uns 25-30 minutos en pórse na Guarda en caso de emerxencia. Dende o CDL - A Guarda consideramos que este tempo e moito polo cal suxerimos, ao concello que prepare os tramites ante a Xuta de Galicia e Marina Mercante para que no porto da Guarda teñamos unha lancha para salvamento marítimo, máis coñecidas polo nome de “Salvamar”.
3. Que se busque a fórmula de incrementar a persoal do GRUMIR para todo o ano, e non só para a temporada de verán. Dado que con catro membros non se poden atender ben as emerxencias, e que se dote o GRUMIR da Guarda das melloras en infraestructuras tan necesarias como son unha base nova . Que para o CDL – A Guarda sería a estación de autobuses e senón solicitar a Cruz Vermella a base que este organismo ten no Pasaxe. Así coma a firma dun convenio de axuda para os concellos do Rosal e de Oia a cambio dos vehículos que teñen estes concellos

Ningún comentario:
Publicar un comentario