6 de abr. de 2012

A GUARDA


O CONCELLO DA GUARDA SEGUE COA MESMA POLÍTICA DE NON ARRANXAR OS ESPAZOS DE USO INFANTÍS

Xermán Cordero Verde
Presidente do Centro Democrático Liberal da Guarda


Son contínuas as queixas trasmitidas polos guardeses e polos grupos políticos con motivo do abandono dos parques infantís. A última feita en pleno, do 30 de marzo onde o BNG se facía eco dunha moción presentada no concello con rexistro de entrada 1050  feita polo Centro Democrático Liberal da Guarda. Onde se pedía o arranxo do parque da subida do Terroso.




É obriga do Concello, manter en bo estado tadas as infraestruturas municipais, e máis estas que son usados polos nosos pequenos. O grupo de goberno non se pode esconder detrás da palabra crise.

Outro exemplo do abandono dos parques infantís e dos xardíns do concello e o exemplo que tiñamos na pequena alameda que estaba fronte a Confraria de Pescadores onde tiñamos unha preciosa palmeira que era de todos coñecida pola cantidade de paxaros que alí había, pois nos demos decatado que dende a semana pasada por orde de non sabemos quen mandouna talar.
Dende o CDL – A Guarda nos preguntamos se esa e a política que van levar a partir de agora  o Grupo de Goberno



Outro exemplo de abandono e o que temos na entrada pola estrada de Baiona a Guarda, no parque das Loucenzas. Onde están os culumpios rotos  e por se non fora suficiente está rota a balaustrada de madeira que está no borde do acantilado que alí temos.


Dende o Centro Democrático Liberal da Guarda suxerimos a este concello que tome as seguintes medidas pala potenciar este pequeno parque:
1.      Que se arranxe de forma urxente a balaustradra de madeira que está no borde do precipicio,
2.      Que se arranxen osculumpios que alí están,
3.      Que se proceda a limpeza das papeleiras todo o ano e non só na temporada de verán
4.      Que se mellore o xardín alí existente, e que se dote as raquetas que delimitan o parquin para dotalas de herba,


1.      Que se termine de facer as beirarrúas que unen dende a Avenida Galicia (casa da ex Alcaldesa) ata as Loucenzase que se aproveite para dotar a esta zona da Guarda dun carril para bicicleta 
2.      Que se dote a baixada da praia da Area Grande con carril bicicleta, para esta medida só faría falta dotar a baixada a dita praia de pivotes e de marcas viais.



Ningún comentario:

Publicar un comentario