Á
ASOCIACIÓN PEDRA FURADA SAÚDA A CONSTITUCIÓN DUNHA NOVA COMISIÓN DE FESTAS DO
MONTE
Miguel A. Español Otero, presidente da
Asociación Pedra Furada encargada da organización das Festas do Monte
nos últimos 12 anos , en nome de todos os socios que a compoñen, dálle a benvida
a nova Asociación Veciñal Cultural e Deportiva
O CANCELÓN que se vai a facer cargo da organización das Festas do Monte
2012.
Esta Asociación recentemente constituída estará composta por Damián Alonso Alonso ,
David González Pacheco, Manuel Alonso Lea
e Manuel Pereira Barros entre
outros.
Dende a Asociación Pedra Furada xa lles foi
trasladado ós novos organizadores a disposición desta asociación a prestarlle
todo o apoio e asesoramento que precisen , e nese mesmo sentido facemos un chamamento a cidadanía guardesa
para que colaboren con esta nova Comisión de Festas de igual maneira que o
viñeron facendo nestes últimos anos con Pedra Furada.
Esta nova Comisión de Festas xa empezou a traballar tendo contratadas as orquestras , a iluminación, a impresión do
libro e a tirada de fogos. En breves
datas manterá unha reunión co comercio guardés para tratar de acadar o seu apoio neste importante reto.
Quero por último trasladarlle a todos os
guardeses e guardesas a satisfacción de
todos e cada un dos membros da Asociación Pedra Furada pola constitución desta
nova Comisión de Festas. É unha gran noticia para o noso pobo o feito de que
unha vez máis un grupo de guardeses está disposto a traballar de xeito
altruísta pola festa coa que nos identificamos a meirande parte dos cidadáns guardeses.
A Guarda a 3 de abril de 2012
Miguel A.Español Otero
Expresidente
da Comisión de Festas do Monte

Ningún comentario:
Publicar un comentario