4 de abr. de 2012

CULTURA


O MUSEO DE PONTEVEDRA LEVARÁ AS SÚAS EXPOSICIÓNS A 26 CONCELLOS DA PROVINCIA E FACILITA O ACCESO NUNHA WEB A 14.957 OBRAS DOS SEUS FONDOS

Infogauda / Pontevedra

Vintecinco concellos da provincia de Pontevedra adherironse a un plan da Deputación Provincial para levar as exposicións e actividades culturais do Museo de Pontevedra ós espazos expositivos de cada localidade dun xeito regular. A deputada Ana Isabel Vázquez presentou hoxe esta iniciativa así como o novo Catálogo web do Museo Provincial que permitirá acceder, de xeito gratuito, a 14.957 obras dos seus fondos.
Con esta iniciativa, a Deputación quere dinamizar a vida cultural municipal de xeito que o Museo de Pontevedra actúe como catalizador dos esforzos da institución provincial por axudar ós concellos a manter viva a súa vida cultural, especialmente nesta época de crise na que resulta particularmente complicado. Con este proxecto, a Deputación quere conseguir que o Museo de Pontevedra sexa, real e efectivamente, un Museo para toda a provincia.
Os concellos adheridos ó proxecto son, polo de agora, 25: A Estrada, A Guarda, A Lama, Agolada, Arbo, As neves, Baiona, Cambados, Cangas, Catoira, Cerdedo, Forcarei, Lalín, Mondariz Balneario, Mos, Moraña, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Ponte Caldelas, Ribadumia, Rodeiro, Sanxenxo, Silleda, Valga e Vilaboa.
A primeira experiencia deste novo plan terá lugar o vindeiro 13 de abril, en Cambados, onde se  presentará a primeira mostra expositiva proposta polo Museo, que leva por título . Dende Cambados, esta mostra será levada a outros concellos da provincia ata o mes de agosto.
A deputada Ana Isabel Vázquez destacou, na súa comparecencia de prensa, que os cidadáns de calquera parte do mundo poderán coñecer os fondos do Museo de Pontevedra de forma áxil e fácil grazas á posta en marcha dun novo proxecto web que fará accesibles os seus catálogos a través de Internet.
Nunha primeira fase, estarán accesibles, de forma libre e gratuíta, 14.957 obras, que son unha boa mostra da riqueza e variedade das coleccións que se atopan no Museo pero que non chegan nin á metade do total de fondos dos que dispón.
Según dixo, pouco a pouco iranse sumando máis obras, pois trátase dun proxecto a longo prazo co que se pretendeachegar máis aínda o Museo ao cidadán e facilitar a consulta dos seus fondos.
A información estará accesible a través da páxina do propio Museo de Pontevedar, un catálogo en liña que reúne información, fichas e imaxes dixitais dos fondos incluídos.Nesta selección iranse incluíndo de forma progresiva novos fondos, como as coleccións de Arqueoloxía ou os Fondos documentais do Arquivo, aínda non accesibles na web.
As obras incluídas, polo de agora, son :
o   1.271 obras de pintura
o   3.712 debuxos
o   40 miniaturas
o   209 pezas escultóricas
o   310 gravados
o   4.063 pezas de fotografía, que van desde fotos ata visores estereoscópicos, cámaras…
o   259 mobles
o   21 armas
o   3.002 pezas de numismática
o   84 instrumentos musicais
o   E unha ampla mostra de artes decorativas na que se inclúen as coleccións de Azabaches (341), Cerámica de Sargadelos (379) e a cerámica da Colección Sánchez-Mesas Fernández de Tejada.

Dende a web do Museo podese acceder a estes fondos buscando por autor, de xeito específico, a través dunha búsqueda xeral, mediante unha búsqueda guiada ou incluso por temas.
Esta web tén un manexo sinxelo pois busca, sobre todo, poñer a disposición de interesados, curiosos e investigadores os fondos do Museo de Pontevedra, un foco de atención turística e cultural e unha das institucións culturais máis visitadas de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario