O PLAN CULTURAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CHEGA POR PRIMEIRA VEZ ÁS 1.100 AGRUPACIÓNS PARTICIPANTES
O Plan Cultural da Deputación de Pontevedra acadou este ano, por primeira vez, a cifra de 1.100 agrupacións participantes formadas por un total de 30.000 personas, según informaron hoxe en rolda de prensa o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e a deputada Ana Vázquez.
Louzán sinalou que co Plan a Deputación busca potenciar os efectos positivos da cultura no crecemento económico e na cohesión social da provincia e destacou que o Plan Cultural é unha iniciativa referente en Galicia desta estratexia porque conserva a cultura tradicional e promove a práctica de novas correntes creativas.
Según dixo, sen o Plan moitos lugares da provincia non poderían dispór de ningunha actividade cultural
O custe do programa supera o millón de euros, ainda que, según Louzán, podería ampliarse en función das necesidades que mostren os colectivos nunhas vindeiras xuntanzas que a Deputación manterá con todos eles.
O número total de agrupacións participantes ronda as 1.100 distribuidas así:
1. Masas corais: 168
2. Grupos Folclóricos: 127
3. Grupo de Gaitas: 120
4. Pandereiteiras:108
5. Teatro: 104
6. Bandas de Música: 79
7. Clásicos: 66
8. Grupos Folk: 41
9. Animación infantil: 34
10. Bandas de Gaitas: 34
11. Grupo músico vocal: 29
12. Baile moderno: 24
13. Majjorettes: 21
14. Outros folclores: 21
15. Pop-Rock: 21
16. Maxia: 16
17. Playbacks:14
18. Roldas: 13
19. Poetas: 8
20. Cantautores: 7
21. Humoristas: 6
22. Ballet: 5
23. Orquestras clásicas: 4
En canto á procedencia das agrupacións, destacan Vigo, con 278 agrupacións participantes no Plan; Pontevedra, con 69; Vilagarcía, 55; Redondela, 47; Mos 37; Tui 33 ou Ponteareas con 30 grupos deste concello que participan no programa:
1. Vigo: 278
2. Pontevedra: 69
3. Vilagarcía: 55
4. Redondela:47
5. Mos: 37
6. Tui: 33
7. Ponteareas: 30
8. Salceda: 29
9. Gondomar: 28
10. Porriño: 26
11. Marín: 24
12. A Guarda: 23
13. Cangas :20
14. Sanxenxo: 18
15. Moaña: 17
16. Salvaterra: 16
17. Vilanova: 16
18. A Estrada: 16
19. Tomiño: 15
20. O Rosal: 14
21. Vila Cruces:14
22. Bueu:14
23. Soutomaior: 13
24. O Grove: 12
25. Meaño: 11
26. Ribadumia: 11
27. Baiona: 10
28. Lalín: 10
29. Meis: 10
30. Mondariz: 10
31. Oia: 10
32. Cambados: 10
33. Caldas de Reis: 9
34. Nigrán: 9
35. Poio: 9
36. Barro: 7
37. Campo Lam: 7
38. Pontecesures: 7
39. Moraña: 7
40. Cotobade: 6
41. Pazos Borbén: 6
42. Valga: 6
43. Cuntis: 5
44. Arbo: 5
45. Silleda: 5
46. As Neves: 5
47. Ponte Cal: 5
48. Portas: 4
49. A Cañiza: 4
50. A Illa: 3
51. Rodeiro: 3
52. Agolada: 2
53. Catoira: 2
54. Covelo: 2
55. Forcarei: 2
56. Vilaboa: 1
57. Crecente: 1
58. Fornelos : 1
59. A Lama: 1

Ningún comentario:
Publicar un comentario