7 de mar. de 2012

O ROSAL

I CAMPIONATO GALEGO DE FUTBOLÍN EN O ROSAL (PONTEVEDRA)
9 e 10 de Marzo de 2012

O Rosal será a sede do I Campionato Galego de Futbolín 2012 que se celebrará no Restaurante Juan os días 10 e 11 de marzo. As modalidades de xogo serán: parado, movemento e feminino, con máis de 6000 € en premios.

O torneo está organizado por Recreativos Jopeco e Presas coa colaboración do Concello do Rosal e da Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín.

A inscrición oficial para participar será de 100 € por parella e 50 € para os xogadores da LNF.

¡¡A INSCRICIÓN PARA OS XOGADORES/AS DO BAIXO MIÑO SERÁ DE 15 EUROS POR EQUIPO!!

Se es do BAIXO MIÑO (Tui, A Guarda, O Rosal, Tomiño e Oia) contacta axiña coa ASOCIACIÓN OS CABAQUEIROS e a inscrición por parella será de tan só 15 EUROS (7,5 € por xogador/a).

Haberá tres categorías por modalidade (1ª, 2ª e 3ª División), agás no feminino, onde todas as parellas xogarán en Primeira.

A inauguración do Campionato Galego terá lugar o sábado 10 de marzo ás 11 da mañá no novo Salón do RESTAURANTE JUAN, co comezo das partidas da modalidade de PARADO. De tarde, xogarase a modalidade FEMININA.

Xa o domingo 11 de marzo comezará á mesma hora (11 da mañá) a disputarse a modalidade de MOVEMENTO.

¡¡Non o penses, é unha oportunidade única!! Fala con nós e inscríbete antes das 15:00 horas do mércores 7 de marzo!! Poderás xogar polo mesmo prezo tanto en parado como en movemento.

Datos necesarios para participar no CAMPIONATO GALEGO DE FUTBOLÍN:

NOME DO EQUIPO:
NOME E APELIDOS DO CAPITÁN/A:
NOME E APELIDOS DO XOGADOR/A:
Nº DNI XOGADORES/AS:
DATA E LUGAR DE NACEMENTO XOGADORES/AS:
TELÉFONO:
CORREO ELECTRÓNICO:

Máis información no correo asociacioncabaqueiros@hotmail.com, no teléfono 637 311 007 (Juan Ramón) e no perfil dos Cabaqueiros do Futbolín en facebook.

Ningún comentario:

Publicar un comentario