10 de mar. de 2012

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA ADVIRTE DO RISCO EXISTENTE NO ACCESO O VELLO COLEXIO SAN XOSÉ




Reportaxe fotográfica: Grupo Municipal de Converxencia Galega, no Concello de A Guarda


Quen abaixo suscribe, BEATRIZ ESTEVEZ ALVAREZ, portavoz deste Grupo Municipal, e con domicilio a efectos de comunicación na rúa Ramón Sobrino, 8-baixo,

E X P O N:

Que a situación de deixadez e abandono do noso pobo refléxase na maioría das rúas e lugar guardeses cunha simple ollada do que acontece o noso arredor. Para mostra un botón:

Nestes días do Entroido, pero fundamentalmente o día do desfile, o comentario de moitos veciños era a perigosidade da barandilla de ferro do antergo Colexio de San Xosé, donde bastante xente, tanto maiores como crios, apoiabanse na mesma, sen percatarse da verdadeira gravedade da situación, xa que –e así se poide obersevar nestas fotografías- a base de moitos parametos está carcomida, outra está pendurada no ar, e algunha como moita imaginación, está unida con cinta aillante.

Pero ademais, as mesmas pedras, que forman os escalóns están soltas o que agrava o risco de acontecer un accidente en calquer momento.

Por toda esta situación, dende CONVERXENCIA GALEGA, diante do risco que se está plantexando nestas instalacións e denantes de que aconteza unha desgracia, e logo todo sexan lamentacións, vimos a solicitar do Concello e de quen corresponda para que se tomen as medidas necesarias para arranxar este problema.

A Guarda, a 10 de Marzo do 2.012

Beatriz Estévez Álvarez

Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario