19 de mar. de 2012

A GUARDA

O GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN QUE O CONCELLO DECRARE A RÚA ALCALDE MANUEL ÁLVAREZ VICENTE COMO ZOA SATURADA DE RUIDOS


Quen abaixo suscribe, BEATRIZ ESTEVEZ ALVAREZ, portavoz deste Grupo Municipal, e con domicilio a efectos de comunicación na rúa Ramón Sobrino, 8-baixo,

E X P O N:

Que xa nun momento da anterior legislatura, foi presentada unha MOCION similar a esta, que non prosperou non porque non estivera ben plantexada e non fora exporto, senón que foi botada abaixo pola maioría absoluta do equipo de goberno, para respaldar proposta dunha empresa contra a opinión e solicitude d@s veciñ@s, quenes tanto a través da súa asociación e a título individual e persoal, presentaron escritos en distintas datas nas que solicitaban a

DECLARACION DE ZONA SATURADA DE RUIDOS

a rúa MANUEL ALVAREZ, xa que amparándose no estudioo que encargado no ano 2.008 polo propio Concello levou a cabo a empresa VIROCEM, (ESTUDIO PREVIO A LA IMPLANTACION DE UNA ZONA ACUSTICAMENTE SATURADA –ZAS- EN EL CASCO URBANO DE A GUARDA).

Dito estudio, ainda facendo as medicións en horarios que non son de máxima actualidade nese lugar, xa superaban os parámetros mínimos e cunhas conclusións e interpretación dos datos moi particular, pero a pesar de todo, xa INCUMPLIA o estipulado na ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DE RUIDOS, aprobada no 2.003

O Concello ten a obriga de adoptar as medidas de protección contra a contaminación acústica, posibilitando o descanso, a estabilidade emocional, garantindo a paz e tranquilidade das persoas que residen nesta rúa.

Por todo elo, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a presentar para o séu debate e aprobación se procede, a seguinte MOCION:

O Concello de A Guarda, declara a rúa MANUEL ALVAREZ como ZONA SATURADA DE RUIDOS

A Guarda, a 19 DE MARZO DO 2.012

Beatriz Estevez Alvarez

Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario