
Co Rexistro de Entrada nº 1.024 do pasado día 27 de Febreiro deste ano, BEATRIZ ESTEVEZ ALVAREZ, como Concelleira do Grupo Político CONVERXENCIA GALEGA, solicitou unha serie de documentación necesaria e imprescindible para poder tomar unha decisión no PUNTO nº 3 PROPOSTA DA ALCALDIA SOBRE PRORROGA DO CONTRATO DE XESTION DA PISCINA MUNICIPAL, do PLENO EXTRAORDINARIO a celebrar o día seguinte, 28 de febreiro.
Que a documentación solicitada era a seguinte:
** a).- Copia das Declatacións Anuais (x trimestres) e o resumen do I.V.E, dos anos 2.010 e 2.011
** b).- Copia dos Balances Anuais (x trimestres) da Situación Económica da Empresa dos anos 2.010 e 2.011
** c).- Copia da Memoria Económica detallando ingresos e gastos dos anos 2.010 e 2.011
** d).- Copia das Memorias das Actividades desenrroladas no ano anterior (solicitamos 2.010 e 2.011)
TODA ESTA DOCUMENTACION TEN A OBRIGA A EMPRESA TRANSGALAICA, S.L., A PRESENTALA NO CONCELLO O REMATE DO ANO NATURAL (a partir do 31 de decembro)
Tendo en conta que na proposta elevada a Pleno pola Alcaldía no séu PUNTO 1, dí: …mantendo as condicións sinaladas nos pregos que rexeron a contratación…
Tendo en conta que os Pregos das Cláusulas Administrativas especifican as condicións contables que debe manter a empresa para co Concello.
Tendo en conta que na Memoria asinada entre o representante da empresa, Concelleiro Delegado, Secretaria Municipal e a Alcaldía somentes se modificaron as condicións económicas, pero non as administrativas e as de xestión.
Tendo en conta que na Formalización da Modificación do Contrato para a xestión do servicio público da explotación e mantemento das instalacións deportivas da piscina cuberta municipal do Concello de A Guarda asínado en 07 de abril do 2.008, non se modificaron máis que as condicións económicas.
Tendo en conta que o R/D 2568/1986, de 28 de novembro, aproba o (R.O.F.) Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (B.O.E. nº 305 , de 22 de decembro e midificacións seguintes) no séu articulado dí:
Artigo 14.- PUNTO 1
Todos los miembros de las Corporaciones Locales tienen derecho a obtener del Alcalde o Presidente o de la Comisión de Gobierno cuantos antecedentes, datos o informaciones obren en poder de los servicios de la Corporación y RESULTEN PRECISOS PARA EL DESARROLLO DE SU FUNCION
Artigo 15
No obstante lo dispuesto en el número 1 del anterior artículo, los SERVICIOS ADMINISTRATIVOS LOCALES ESTAN OBLIGADOS A FACILITAR LA INFORMACION, SIN NECESIDAD DE QUE EL MIEMBRO DE ACREDITE ESTAR AUTORIZADO….APARTADO b).- CUANDO SE TRATE DEL ACCESO …..A DOCUMENTACION CORRESPONDIENTE A LOS ASUNTOS QUE HAYAN DE SER TRATADOS POR LOS ORGANOS COLEGIADOS DE QUE FORMEN PARTE..
O Expediente entregado aos membros da corporación non incorpora ningún documento dos que se fai fincapé como obligatorios no PREGO DE CLAUSULAS ADMINISTRATIVAS VIXENTE necesarios coñecer previamente para a concesión de PRORROGA dada, por parte do LICITANTE-SOLICITANTE, por exemplo:
a).- Certificación Acreditativa de estar o corrente coas obrigas tributarias co Concello de A Guarda
b).- Certificación de estar o corrente co IMPOSTO DE ACTIVIDADES ECONOMICAS
c).- Certificación de estar o corrente ca SEGURIDADE SOCIAL
d).- Xustificante de Solvencia Económica
e).- Xustificante de Solvencia Técnica
f).- Declaración de NON ESTAR INCURSO en ningunha prohibición para contratar, conforme o RDL 2/2000
Por todo o exporto anteriormente, e dada a FALTA DE INFORMACION PARA PODER POSICIONARSE EN BASE A REALIDADE DO FUNCIONAMENTO TECNICO E ECONOMICO ASI COMO TAMEN POLO INCUMPLIMENTO DAS OBRIGAS QUE A EMPRESA CONCESIONARIA TEN DE ENTREGAR NO CONCELLO A REFERIDA DOCUMENTACION SOLICITADA,
veño a IMPUGNAR O ACORDO PLENARIO DA VOTACION DO PUNTO TERCEIRO DO PLENO EXTRAORDINARIO CELEBRADO NO CONCELLO DE A GUARDA O 28 DE FEBREIRO DO 2.012, DIANTE DA FALTA DE INFORMACION E DOCUMENTACION NECESARIA PARA PODER ASUMIR UN POSICIONAMENTO POR DESCOÑECER OS RESULTADOS ECONOMICOS DOS DOUS (2) ULTIMOS ANOS DA EMPRESA TRANSGALAICA, S.L. INCUMPLINDO A OBLIGACION DE PRESENTALOS ANUALMENTE
A Guarda, a 07 de Marzo do 2.012
Beatriz Estevez Alvarez
REXISTRO DE ENTRADA Nº 1242 do 08 de MARZO do 2.012
Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario