8 de mar. de 2012

A GUARDA

O GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA DENUNCIA A DESIDIA DO GRUPO DE GOBERNO

Quen abaixo suscribe, BEATRIZ ESTEVEZ ALVAREZ, portavoz deste Grupo Municipal, e con domicilio a efectos de comunicación na rúa Ramón Sobrino, 8-baixo,

E X P O N:

Dende fai bastante tempo que os veciñ@s da rúa Rosal (Muiño de Abaixo) deron parte no concello para que se procedera a arrancar a veirarrúas, polo perigo que significaba para todos os que por alí transitan, pero fundamentalmente para tódol@s crí@s que asisten as escolas “Nicolas Gutierrez Campo-As Solanas”, sen que a día de hoxe, se fixera nada máis que colocar unha táboa e un cono de sinalización, que cada pouco teñen que volver a colocar no séu sitio as persoas que viven nas vivendas próximas.

Diante da deixadez e abandono cada vez mais ao que nos ten acostumado o equipo de goberno municipal, xa que a desidia e o norte do séu ¿¿quéfacer diario?? Pois a maioría das veces reaccionan cando ven plasmada a queixa nos medios, especialmente a gráfica, e dado que unha imaxen vale máis que mil palabras, dende CONVERXENCIA GALEGA, instamos ao Concello para que de maniera urxente procedan a levar a cabo os arranxos necesarios neste lugar a fin de evitar que mañan teñamos que estar lamentando calquer percance.

Beatriz Estevez Alvarez

Sr. Alcalde-Presidente do CONCELLO DE A GUARDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario