A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA INVISTE 150.000 € EN MANTER E RENOVAR O CÉSPEDE ARTIFICIAL DE 36 CAMPOS DE FÚTBOL DA PROVINCIA
Son os que foron construidos fai 6 anos e sufriron o lóxico desgaste
Infogauda / Pontevedra
A Deputación de Pontevedra aprobou onte, na súa xunta de goberno, a inversión de 150.000 euros no mantemento e reposición de céspede de herba sintética en 36 campos de fútbol da provincia.
Según explicou o presidente provincial, Rafael Louzán, en rolda de prensa, a renovación do céspede nos anteditos campos é precisa porque foron construidos xa fai seis anos e sufriron o lóxico desgaste tralo uso frecuente das instalación por parte de milleiros de deportistas.
No traballo hoxe adxudicado, a Deputación prevé a renovación do céspede artificial e a dotación de novo caucho para conquerir unha maior elasticidade cando se practique o deporte.
Mantemento doutros 36 campos de céspede natural
Na mesma sesión do goberno provincial, Louzán deu conta que a Deputación xa realizou traballos de escarificado, pinchado e sementado como labouras de mantemento noutros 36 campos de herba natural da provincia (17 terreos de xogo da zona sur, 12 da zona de Pontevedra e 5 da zona norte).
Na maior parte destes casos, trátase de campos de fútbol de titularidade municipal. Os traballos acometidos teñen como finalidade osixenar o solo, evitar a proliferación de malas herbas, tratar as zonas con calvas e, en definitiva, manter a herba natural nas mellores condicións posibles.
Os campos nos que se actuou foron: 17 da Zona Sur (Gondomar, Porriño, Tui (2), Tomiño (2), Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Ponteareas ( 4), Mondariz, A Cañiza, Coruxo, Cangas, e Baiona); 13 da zona de Pontevedra (A Illa de Arousa, Cambados, Ribadumia, Poio, Pontevedra (2), Cuntis, Moraña, Meis, Vilagarcía (2), e Sanxenxo (2); e 6 da Zona Norte (A Estrada (2), Lalín (2), Rodeiro e Valga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario