COMENZA A SÚA ANDADURA NO CEIP PLURILINGÜE AS SOLANAS-NICOLÁS GUTIÉRREZ CAMPO DE A GUARDA O PROXECTO ARCE “1, 2, 3 ... A MIÑA MÚSICA CHE ENSINAREI”

Rosa Mª Darriba Calviño
Directora do CEIP Plurilingüe As Solanas- Nicolás Gutiérrez Campo / A Guarda
O venres 27 de xaneiro, co 1º encontro de coordinadores/as, púxose en marcha un novo proxecto no CEIP Plurilingüe As Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo de A Guarda.
Este proxecto está enmarcado dentro do programa de Agrupacións de Centros Escolares (ARCE) que convoca o Ministerio de Educación que consiste no traballo conxunto con centros de ensino de outras comunidades autónomas.
Este centro é a segunda vez que se embarca nun proxecto destas características. Con anterioridade participáramos durante os anos 2008 e 2009 nun proxecto titulado “Do río ao mar, ler e desfrutar”.
A súa finalidade era o fomento da lectura.
O proxecto que iniciamos titúlase “1, 2, 3 ... A MIÑA MÚSICA CHE ENSINAREI” . Terá unha duración de dous cursos e o seu obxectivo é dar a coñecer a nosa tradición centrada nos instrumentos musicais, as danzas e cantigas e, por suposto, coñecer as dos pobos dos centros asociados.

A agrupación está formada polo CRA de Villaquilambre (León), o CEIP “Nuestra Señora de la Antigua” de Monteagudo (Murcia) e nós que somos o centro promotor e coordinador do proxecto.
Neste encontro de coordinadores/as planificamos as programación das actividades comúns que iremos realizando ao longo destes dous cursos e máis polo miúdo as actividades a desenvolver ata finais de maio, momento do 1º encontro en A Guarda do alumnado destes 3 centros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario