31 de xan. de 2012

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN A IMPLANTACIÓN DE ZOA AZUL NA PRAZA DO RELÓ


Quen abaixo suscribe, BEATRIZ ESTEVEZ ALVAREZ, portavoz deste Grupo Municipal, e con domicilio a efectos de comunicación na rúa Ramón Sobrino, 8-baixo,

E X P O N:

Que unha das maiores dificultades que teñen os veciños e visitantes que precisan levar a cabo xestións na Casa do Concello, e a imposibilidade material de dispor dun sitio donde aparcar o seu vehículo.

Que unha das obrigas dos Gobernos Municipais, é facilitar a xestión e atención a tódolos que precisan levar a cabo trámites no Concello.

Nalgunhas rúas da nosa localidade donde a afluencia de comercio e institucións bancarias, fai preciso espacio para que poidan levar a cabo as súasxestións os veciños e por elo, dende o Concello se sinalaron diversas ZONAS AZUIS para garantir a rotación naspoucasprazas existentes e permitir o estacionamentonaquelas zonas máis concurridas.

Por iso é necesario a declaración e sinalización de ZONA AZUL para racionalizar os espacios existentes e en horario de funcionamento municipal (de 8 a 15 horas de lúns a venres) a Praza do Reló.

Dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a presentar para o séu debate e aprobación se procede a proposta de que a fin de facilitar a afluencia as dependencias municipais, se proceda a sinalización da Praza do Reló como ZONA AZUL nos horarios de funcionamento do Concello, reservando dúas prazas de permanentes para o vehículo do Sr. Alcalde e da Policia Local.

A Guarda, a 12 de xaneiro do 2.012

Beatriz Estevez Alvarez

Sr. Alcalde-Presidente do CONCELLO DE A GUARDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario