24 de nov. de 2011

SANTIAGO DE COMPOSTELA

ACTO CONMEMORATIVO DO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS


Benqueridas amigas e amigos:

O vindeiro 10 de Decembro, Sábado, o Seminario Galego de Educación para a Paz organiza un Acto Conmemorativo no Día Internacional dos Dereitos Humanos, no 63 Aniversario da Declaración Universal de 1948. Será en Santiago de Compostela, máis concretamente, en Area Central, no Polígono de Fontiñas. Consistirá nunha Exposición sobre a Declaración, ilustrada por Fausto Isorna, a actuación musical de Xoan Curiel, e a lectura pública dos 30 artigos do texto máis relevante do século XX.

Será ás 13:00 horas.

Convidámoste a participar, persoalmente e/ou en representación da túa organización, así como a divulgar esta iniciativa entre as túas amizades e directorios.

Estaremos moi honrados, ademais, si queres participar na lectura pública da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Si así o decides, por favor, contesta este correo ou chámanos canto antes ó 981-561956.

Moitas grazas pola túa colaboración.

Cordialmente,


Manuel Dios Diz

PresidenteSeminario Galego de Educación para a Paz

FUNDACION CULTURA DE PAZ


Tfno: 981-554053

Rúa do Valiño 13-1º15703- SANTIAGO DE COMPOSTELA

Ningún comentario:

Publicar un comentario