29 de nov. de 2011

PONTEVEDRA



A PRIMEIRA REUNIÓN DE COORDINACIÓN DAS MESAS LOCAIS DE COMERCIO REÚNE NA DEPUTACIÓN A 300 REPRESENTANTES DO SECTOR

Infogauda / Pontevedra

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e a Directora Xeral de Comercio, Nava Castro, mantiveron hoxe unha xuntanza de coordinación no Pazo Provincial con máis de 300 representantes e integrantes das mesas locais de comercio da provincia de Pontevedra. O obxecto desta xuntanza, tal e como explicou Nava Castro é o de “coordinar e explicar o funcionamento das mesmas, así como explicar e dar a coñecer os obxectivos que se pretenden alcanzar.

En resumen, os temas abordados hoxe centráronse no funcionamento, papel e funcións das Mesas Locais do Comercio; a periodicidade das reunións e os asuntos que se van a tratar nas Mesas Locais; ou a actualización das ordenanzas municipais el materia dos mercados municipais e da venta ambulante.

Compre recordar que os obxectivos das mesas locais do comercio son os seguintes: Lograr un maior dinamismo e modernización do comercio; erixirse en foro de debate plural e eficaz; actuar como órgano consultivo e de coordinación local para consensuar as políticas municipais para a promoción da actividade comercial.

Entre as súas funcións están, participar no deseño das campañas de promoción do comercio; emitir informe nas campañas que se financien con fondos públicos; emitir informe, con carácter preceptivo, nas solicitudes presentadas polos comerciantes para a realización das feiras de oportunidades; e actuar como órgano consultivo do concello en todas as cuestións que afecten o co­mercio retallista do municipio; propoñer ao concello medidas e propostas considere convenientes para o desenvolvemento e a mellora do sector; ser oída na elaboración de plans de tráfico e de ordenación urbana. Emitir informe en todos aqueles asuntos en que, pola súa relevancia para o comercio retallista do concello, lle sexa solicitado; e exercer cantas outras funcións lle sexan atribuídas pola Administración local no co­rrespondente regulamento orgánico en desenvolvemento das funcións de participación, coordinación, cooperación e colaboración atribuídas legalmente. A Deputación de Pontevedra lidera a mesa provincial de comercio na que representa ós concellos que non teñen mesa local propia ( Covelo, Dozón, Fornelos de Montes, A Lama, Mondariz – Balneario, Portas e Vilaboa).

Ningún comentario:

Publicar un comentario