A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS FONTE DOS CARREIROS AMOSA SÚA SATISFACCIÓN POLAS MELLORAS NA LIÑA ELÉCTRICA NO BARRIO MUIÑOS

Rubén Muñoz Alonso / Figueiró
A Asociación de Veciños Fonte Dos Carreiros mostra a su satisfacción pola renovada liña eléctrica feita no barrio Muiños de Figueiró. Despois de sufrir moitos meses de baixadas e subidas de tensión eléctrica, orixinando perdas de electrodomésticos, alimentos, etc., etc. os veciños do barrio Muiños poderán disfrutar dos seus utensilios eléctricos sen ter que apagar un para prender outro. Este é o froito unha vez máis do traballo desinteresado pero eficaz desta Asociación de Veciños de Figueiró. Despois de varios escritos presentados na empresa que suministra a electricidade dende o mes de marzo, un técnico da empresa reuniuse con membros desta asociación e posteriormente con veciños afectados. A empresa decidiu entón colocar un medidor de potencia, que pasado o tempo corroborou como certas as sucesivas demandas dos veciños. NORABOA! para estes veciños que viron resolto o seu problema.
Por outra banda e seguindo coa nosa liña de traballo e aproveitando a visista do Sr. Conselleiro Don Agustín Hernández ao Baixo Miño, reclamamos a súa atención sobre as obras da rotonda de Figueiró, demandada xa por esta Asociación dende xuño de 2006. En abril deste ano 2011 se nos comunicou de palabra que a partida orzamentaria está reservada para dito fin, pero estamos a piques de rematar o ano e seguimos igual. Sería unha boa noticia para os veciños de Figueiró e os usuarios da carretera PO-552, que no vindeiro ano 2012 sexa unha REALIDADE esta obra tan necesaria para a parroquia. De todos é sabido que neste cruce houbo máis dun accidente polo que a nosa demanda está totalmente xustificada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario