2 de out. de 2011

O ROSAL

ESTE DOMINGO, ROMARÍA POPULAR DE SAN MIGUEL DE TABAGÓN

Infogauda / O Rosal


Este domingo día 2 de outubro, os veciños de San Miguel de Tabagón celebran a Romaría de San Miguel "O Anxo das Uvas", con unha eucaristía ás 12 da mañá.

Logo da misa e da procesión, veciños da parroquia, amigos e convidados, xuntaranse na carballeira que está preto da igrexa, e xantarán nese fermoso lugar. Tan soio é preciso levar cada ún a comida e a bebida que desexe, e sobor de todo moito ánemo para pasa-lo ben.

Ningún comentario:

Publicar un comentario