O profesorado do Baixo Miño e do Condado tamén deu masivamente un NON ROTUNDO Á POLÍTICA EDUCATIVA DE EDUCACIÓN
A CIG-Ensino valora moi positivamente os resultados do referendo do día 25 nos concellos do Baixo Miño
CIG-Ensino do Baixo Miño
A CIG-Ensino valora moi positivamente os resultados do referendo celebrado este martes 25 de outubro. Nesta consulta o profesorado participou de forma masiva en todo o país e tamén no Baixo Miño, para expresar o seu rexeitamento máis evidente e contundente ás medidas de recorte e de deterioro do ensino público emprendidas pola Consellaría de Educación e en prol da defensa inequívoca do ensino público como único garante da igualdade de oportunidades.
Cos datos definitivos do reconto na man, sabemos que nos cinco concellos do Baixo Miño o referendo se celebrou en 24 dos 26 centros existentes. No Rosal, A Guarda, Oia e Tui o referendo realizouse no 100% dos centros.
Os resultados foron os seguintes:
Estás de acordo cos recortes no ensino público?
SI: 0%

NON: 99%
EN BRANCO: 1%
A Consellaría de Educación impuxo un incremento do horario lectivo. Estás de acordo con este incremento?
SI: 6%
NON 89%
EN BRANCO: 5%
SI: 6%
NON 89%
EN BRANCO: 5%
Estás de acordo con que o profesorado teña entre as súas funcións a custodia do alumnado transportado?
SI: 2%
NON: 97%
EN BRANCO: 1%
SI: 2%
NON: 97%
EN BRANCO: 1%
Consideras que as diferentes medidas adoptadas pola Consellaría de Educación melloran a calidade do ensino?
SI: 0%
NON: 98%
EN BRANCO: 2%
SI: 0%
NON: 98%
EN BRANCO: 2%
Ante isto, desde a CIG-Ensino concluímos que o profesorado dixo non aos recortes sen precedentes que a Consellaría está a levar a cabo no ensino público e á ampliación do horario lectivo e a imposición de funcións que non nos corresponden. Estes resultados son a mostra máis contundente da repulsa do profesorado a un Conselleiro que ten como denominador común na súa actuación a mentira, a demagoxia e a manipulación.
A CIG-Ensino agradece ao profesorado a súa participación neste referendo, nomeadamente aos membros da Mesa, e ás direccións que facilitaron e colaboraron coa realización da votación. Grazas tamén ao profesorado polo compromiso que asumiu na realización do referendo nos centros, facéndose cargo da Mesa e de todo o proceso.

Ningún comentario:
Publicar un comentario